miércoles. 24.04.2024
Este ano, como xa era previsible, non se celebrará a Festa da Castaña e do Cogumelo do Riós. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga, vén de anunciar, como non podería ser doutro xeito, que dada a situación epidemiolóxica e as restricións impostas pola Xunta de Galicia para conter o avance da covid, a XXVI edición da Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós, coa que comezaba no municipio o mes de novembro, queda suspendida por este ano, así como todas as actividades paralelas que se desenrolaban con motivo da súa celebración. 

Como era previsible, Riós suspende a XXVI Festa da Castaña e do Cogumelo