Terá lugar este domingo na Carballeira do municipio

Xa están dispoñibles á venda as entradas para a XXIX Feira do Pemento de Oímbra | NOTICIAS VERÍN

Haberá, como todos os anos, degustación do rei da súa horta: o pemento. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Oímbra vén de pór á venda ó público as entradas para a súa XXIX edición da Feira do Pemento.

As mesmas estarán dispoñibles para mercar en: 

  • Bares do Concello de Oímbra.
  • Concello de Oímbra.
  • Borys Martínez Fotografía (Verín).
  • Libraría Pica-Pica (Verín).

Terán un prezo de 15 € que permite acceder á comida popular que se celebra ás 14:00 horas, dado que o resto do evento é completamente gratuíto. 

Na propia feira, que comezará ó redor das 11:00 horas, haberá postos de venda de produtos locais, artesanía, exposición de pratos de cociña elaborados polos veciños baseados no pemento e actuacións musicais. Sen dúbida, unha das citas ineludibles da gastronomía galega.