sábado 24.08.2019
A alcaldesa viaxou a Santiago para solicitar financiación a varios proxectos

Vicepresidencia apoiará a renovación do alumeado público en varias aldeas de Oímbra

Alfonso Rueda, o vicepresidente da Xunta de Galicia, recibiu a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino. A rexedora ourensana achegouse ata a capital compostelana para solicitar do departamento do anterior financiación a varios proxectos de renovación da iluminación pública.

Ana María Villarino, a alcaldesa de Oímbra, no despacho de Alfonso Rueda.
Ana María Villarino, a alcaldesa de Oímbra, no despacho de Alfonso Rueda.

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, achegouse ata a capital compostelana para manter un encontro co actual vicepresidente da Xunta de Galicia, Afonso Rueda.

Sempre que viaxa Villarino Pardo ata Santiago leva unha carpeta de proxectos para os que obter financiación, xa que o seu orzamento municipal non se axusta á demanda de servicios que está a ofrecer este pequeno municipio e precisa de incorporacións externas que poidan achegar cantidades para levar a cabo inversión notables. 

Entre eles, a alcaldesa plantexoulle ao vicepresidente da Xunta o apoio a varios proxectos de iluminación en varias localidades do municipio, o máis inmediato para executar, no núcleo de Rabal.

Segundo afirmou a alcaldesa, "o vicepresidente, que sempre se amosou moi comprometido coas nosas demandas, foi quen de ver a necesidade de achegar recursos para levar a bo porto os proxectos presentados", dixo Ana María Villarino.

Vicepresidencia apoiará a renovación do alumeado público en varias aldeas de Oímbra
comentarios