Xoves. 28.03.2024
A praza da Igrexa de Rabal loce o aspecto da imaxe.
A praza da Igrexa de Rabal loce o aspecto da imaxe.

O Concello de Oímbra vén de finiquitar as obras de modificación integral da praza da Igrexa, na localidade de Rabal. Logo de case dous meses de traballo, esta superficie loce de xeito totalmente distinto ao seu aspecto anterior despois de que, dende o consistorio local, cunha achega da Deputación de Ourense de 48.000 euros, se acometesen obras de substitución do saneamento, abastecemento e do pavimento superficial. Este último contempla unha capa de formigón raiado mesturado co adoquín que esixe a normativa urbanística en materia de preservación do patrimonio.

A rexedora local, Ana Villarino, asegurou que "se manterá esta liña de renovación do aspecto das nosas aldeas, aínda que por enriba desa intención está a de mellorar os servizos esenciais dos nosos núcleos, como son o abastecemento e o saneamento", concluíu.

Rabal loce nova praza da Igrexa cun investimento de 48.000 euros