xoves 09.07.2020

O pleno infantil de Oímbra estivo cargado de ilusión e novas propostas

Un ano máis, representantes do Concello de Oímbra e alumnos do CEIP de Oímbra compartiron ideas e propostas sobre o municipio.

Esta mañá, os alumnos do CEIP de Oímbra, na Casa do Concello.
Esta mañá, os alumnos do CEIP de Oímbra, na Casa do Concello.

Ás 12:00 horas deste luns, 3 de febreiro, o Concello de Oímbra celebrou un pleno infantil anual, ao que acudiron os alumnos e alumnas do CEIP de Oímbra para debatir e aportar ideas para o municipio.

Pleno infantil no Concello de Oímbra.Pleno infantil no Concello de Oímbra.

Anualmente, dende o ano 2017, faise un pleno infantil. Nesta cuarta edición, a alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, comezou explicándolles aos 57 cativos que acudiron a casa consistorial o funcionamento do Concello.

Durante a hora de duración do pleno, os alumnos e alumnas do CEIP de Oímbra non dubidaron en pedir, preguntar e participar con enerxía e ilusión. Agora, estes pequenos políticos andan na procura de conseguir unha tirolina e máis árbores na escola.

Estas reunións son unha forma de incentivar aos máis novos a que se involucren no que sucede ao seu carón.

O pleno infantil de Oímbra estivo cargado de ilusión e novas propostas
comentarios