Xa se pode retirar, na casa consistorial, o agasallo conmemorativo
Oímbra regala libros para festexar o Día das Letras 2022
15 de mayo de 2019 (15:20 h.)
Centos de libros estarán a disposición, hoxe e os días 18, 19 e 20 de maio, na casa consistorial de Oímbra, para agasallar a veciños e visitantes con motivo da celebración do Día das Letras do 2022.
En horario de mañán ata a peche da instalación municipal, os que así o desexen pódense achegar para retirar o seu obsequio. Ana Villarino repite iniciativa "non só polo grande éxito das anteriores, senón porque teño o convencimento de que o mellor xeito de festexar unha data tan importante para os galegos non é outro que agasallando cultura", apuntou a rexedora.