luns 16.09.2019
Xa se pode retirar, na casa consistorial, o agasallo conmemorativo

Oímbra regala libros para festexar o Día das Letras 2019

Centos de libros estarán a disposición, hoxe e mañá, na casa consistorial de Oímbra, para agasallar a veciños e visitantes con motivo da celebración do Día das Letras do 2019. En horario de mañán ata a peche da instalación municipal, os que así o desexen pódense achegar para retirar o seu obsequio. Ana Villarino repite iniciativa "non só polo grande éxito das anteriores, senón porque teño o convencimento de que o mellor xeito de festexar unha data tan importante para os galegos non é outro que agasallando cultura", apuntou a rexedora.

Morea de libros na casa consistorial de Oímbra.
Morea de libros na casa consistorial de Oímbra.
Oímbra regala libros para festexar o Día das Letras 2019
comentarios