A delegada territorial, Díaz Mouteira, despachou co alcaldesa, Villarino Pardo, para fixar a folla de ruta deste novo mandato

Oímbra recibíu da Xunta máis de 2,5 millóns de euros nos últimos catro anos

Marisol Díaz Mouteira, con Ana María Villarino Pardo (dereita), alcaldesa de Oímbra.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, segue a manter encontros institucionais cos rexedores da provincia, logo da constitución das novas corporacións locais, co obxectivo de facer balance da colaboración autonómica durante os últimos catro anos e estudar futuras actuacións a desenvolver nos concellos. Este mércores foi a quenda de Ana María Villarino Pardo, a alcaldesa de Oímbra.

Ana María Villarino, a alcaldesa de Oímbra, acudíu este mércores ao despacho da delegada territorial, Marisol Díaz, convidada por esta última, para facer un amplo repaso do que foi a colaboración entre ambas as dúas institucións, Xunta e Concello, e fixar unha folla de ruta de cara aos vindeiros catro anos de novo e refrendado mandato da rexedora popular.

Díaz Mouteira, como está a facer co resto de primeiros edís municipais da provincia, fixo fincapé na importancia de continuar coa colaboración institucional e brindoulle a Villarino Pardo todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que garantan o progreso e benestar da veciñanza. A alcaldesa espúxolle á representante autonómica na provincia algunhas das demandas máis destacadas que ao seu entender ve como precisas para Oímbra. Sobre a mesa, ademais dunha serie de melloras en varios núcleos de poboación do Concello, Ana María Villarino solicitou o apoio da delegada territorial para impulsar o proxecto de edificación de vivendas sociais no municipio e reclamou a súa intermediación para que se instale un caixeiro na capitalidade, "un servizo que entendo imprescindible para a veciñanza", apuntou Villarino Pardo.

IMPORTANTE ACHEGA DO ENTE AUTONÓMICO

A representante autonómica lembrou que nos últimos catro anos Oímbra recibiu do Goberno galego achegas por un importe de máis 2,5 millóns de euros. Así, as diferentes consellerías da Xunta concederon a este municipio ourensán 935.000 euros en materia de subvencións; máis dun millón de euros en convenios; e máis de 591.000 euros pertencentes a outras actuacións.

Díaz Mouteira repasou os numerosos proxectos que Administración autonómica puxo en marcha durante o período 2015-2019 en Oímbra como a mellora da estación depuradora de augas residuais e das redes de abastecemento e saneamento, a recuperación dunha adega-lagar con fines turísticos, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais, e o acondicionamento e ampliación da Casa do Concello, entre outros.