Venres. 29.03.2024
O resto de Administracións achegaron una cantidade a maiores case idéntica ao seu presuposto total

Oímbra pechou o 2018 investindo un millón de euros por enriba do seu orzamento

A liquidación do orzamento presentado no últimos dos plenos do consistorio de Ana María Villarino Pardo reflicte unha situación económica e financieira que ben podería ser a envexa dos seus concellos máis próximos. Segundo o informe de intervención, o Concello de Oímbra non ten débedas nin a curto nin a longo prazo, ten tesourería suficiente para as achegas ás diferentes subvencións da Xunta e da Deputación de Ourense e, por enriba, recibíu investimentos dun millón de euros doutras administracións, amais dos xa investidos dende o orzamento municipal.

edaroimbra
Ana María Villarino Pardo, a alcaldesa, nas instalacións da remodelada estación depuradora de augas residuais.

O último pleno antes de que os veciños de Oímbra pasen de novo polos colexios electorais para elexir a quen será a súa vindeira rexedora (todas as concorrentes son mulleres) tivo como principal punto da orde do día a liquidación do orzamento referido ao exercicio 2018. Así, segundo as contas da intervención municipal, o concello que preside Ana María Villarino Pardo, dun presuposto de 1.250.000 euros, quedaron case 50.000 euros de superávit, isto é, a diferenza entre o orzamentado para gastos e o realmente gastado. Sen embargo, a cifra máis salientable da que deu conta a rexedora local foi a das inversións. Do informe de liquidación do pasado exercicio económico, dedúcese que en Oímbra, do resto das Administracións públicas, recibíu un millón de euros adicionais para investimentos no territorio, ben por aportacións directas ao Concello para que fose a institución local a que licitase as obras, ben pola licitación de outros organismos que contrataron de xeito directo actuacións que logo se executarían no municipio. Estas últimas supuxeron unha inversión de 299.000 euros, da que destacan as melloras que por importe de 177.000 euros levou a cabo a empresa pública Augas de Galicia na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Oímbra. Pola súa banda, a Deputación de Ourense investíu en Oímbra, de xeito nominal e directo, 122.000 euros en tres actuacións que o propio organismo provincial executou con recursos propios: o programa de realidade aumentada para as bodegas do municipio (23.000 euros); abastecemento, saneamento e pavimentación nas rúas de San Cibrao (51.000 euros) e o suministro de aglomerado en quente na vía que xungue a localidade de O Rosal con Oímbra.

SITUACIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO

Por último, o informe de intervención tamén da conta da situación económica e financieira do Concello de Oímbra: non existen débedas nin a curto nin a longo prazo e os proveedores da institución municipal cobran as súas facturas ao día

Oímbra pechou o 2018 investindo un millón de euros por enriba do seu orzamento