María Paulos Valles abríu as portas da súa casa á vila na que naceu un 6 de xuño de 1919

Oímbra festexa a centuria da súa estanqueira

María Paulos recibe o agasallo da alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, diante dun almanaque.

Familia, amigos, veciños e ata a alcaldesa do municipio, Ana María Villarino Pardo, non quixeron perder a festa que a "estanqueira de Oímbra" deu este sábado, co gallo dos seus primeiros 100 anos de vida no lugar.

Un moi particular aniversario se festexou na tarde do sábado en Oímbra. María Paulos Valles, a muller do bar e o estanco de toda a vida na localidade, chegaba aos cen anos de existencia o pasado día seis, aínda que a súa familia quixo retrasar a celebración popular ata o sábado, co ánimo de convidar tamén aos veciños a un pequeno ágape. Á celebración acudíu a súa conveciña e alcaldesa Ana María Villlarino Pardo, quen aproveitou a ocasión para entregarlle un pequeno presente do Concello que preside. María Paulos Valles, natural de Oímbra, veu ao mundo en xuño de 1919, adicouse por completo á súa familia -dous homes, enviuvou do primeiro, e aos seus tres fillos-, pero tamén ao negocio familiar, o bar-estanco da localidade. Conserva unha  boa saúde, e a súa alcaldesa di dela que "ten aínda unha cabeza privilexiada".