Venres. 29.03.2024
auladixitaloimbra
A aula dixital do Concello de Oímbra estivo cofinanciada con fondos do plan Leader.

O Concello de Oímbra vén de abrir o prazo para se inscribir nos innimentes cursos de informática que comezarán o vindeiro 15 de marzo, os primeiros que se organizan dende a entidade que preside Ana María Villarino Pardo logo de concluir os traballos de acondicionamento e adquisición de equipos da aula dixital.

Segundo informan dende o consistorio, a formación, que será de balde, terá lugar todos os martes e os venres entre as seis e as nove da tarde. Os nenos entre cinco e dez anos terán clase das 18,00 ás 19,00 horas. Os rapaces ata os 16 anos, na hora seguinte. Os adultos deberán asistir, se así o desexan, entre as oito e as nove da noite.

Para poder acudir á formación dixital programada polo Concello de Oímbra, é preciso realizar unha inscrición previa nas oficinas municipais, de xeito presencial ou ben chamando ao 988 42 61 60.

Este novo espazo informático estivo cofinanciado polo Concello e por fondos do plan Leader e está situado ao carón da casa consistorial, na pranta baixa do edificio onde no seu día se albergou a Cámara Agraria.

Oímbra estreará este venres a súa aula de informática