Xoves. 28.03.2024
USUARIOS, FAMILIARES, PERSOAL DA XUNTA E A ALCALDESA FESTEXARON O ANIVERSARIO DA INSTALACIÓN

Oímbra celebra os dez anos de vida do seu Centro de Día

O subdirector do Consorcio Galego de Benestar, Santiago Amor, desprazouse hoxe xoves ata Oímbra para festexar cos usuarios, familiares e traballadores da instalación os dez anos do Centro de Día da localidade, impulsado hai unha década por o anterior alcalde, Alfonso Villarino. A actual rexedora, Ana Villarino, celebrou esta data de funcionamento cunha breve alocución na que lembrou a etapa na que a su propia nai foi usuaria da institución.

Xornada cargada de emotividade no Centro de Día de Oímbra. Pasadas as 12:30 horas comenzaba a celebración do décimo aniversario da posta en marcha de institución tutelada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Administración local, que preside Ana María Villarino Pardo. Máis de medio cento de persoas, entre residentes, familiares, persoal sociosanitario e representantes políticos festexaron os dez anos de vida dun servizo esencial nun concello do rural como é Oímbra.

Ata alí se achegaron, ademais da rexedora, o subdirector do Consorcio Galego de Benestar, Santiago Amor, que logo da benvida da directora, Raquel Álvarez, presenciaron como os residentes da institución se emocionaban na entrega dos peculiares diplomas deseñados polo equipo humano de traballo do Centro de Día.

oimbra2

Despois da foto de familia de traballadores e representantes institucionais, todos os usuarios, equipo de traballo e visitantes accederon á segunda das plantas do edificio para degustar un pequeno ágape que acabaría por pechar os actos de celebración dun décimo aniversario que conseguiron emocionar á alcaldesa da vila, Ana Villarino, quen lembrou os momentos vividos cando a súa nai -xa falecida- foi usuaria das mesmas instalacións polas que o seu pai, Alfonso Villarino, apostou con determinación hai dez anos, como así lembrou Santiago Amor na súa intervención: "Ogallá moitos outros concellos tiveran a decisión que o pai desta alcaldesa tivo no seu día de enfocar os seus esforzos nunha instalación que foi pionera nesta comarca e que presta uns servizos tan esenciais para a nosa poboación", dixo Amor.

Oímbra celebra os dez anos de vida do seu Centro de Día