luns 16.09.2019
Na iniciativa cooperan a Asociación de Montes de O Rosal e o Concello de Oímbra

As obras da nova Praza Maior de O Rosal rematarán a vindeira semana

A praza durante a obra.
A praza durante a obra.

O Rosal, pertencente ao concello de Oímbra, verá acabada a súa praza Maior a vindeira semana.

Esta obra, que leva cursándose dende hai dous meses, é unha iniciativa conxunta entre o concello de Oímbra e a Asociación de Montes de O Rosal.

O proxecto comezou cando a Asociación de Montes de O Rosal decidiu tirar as casas vellas que se atopaban no centro do pobo para poder facer así un emplazamento que desfrutasen os veciños. Ao quedar sen financiación, creouse un acordo co concello de Oímbra mediante o cal o Rosal cedeu ese terreo e Oímbra continuou as obras, pagando deste modo materiais, maquinaria e man de obra.

"Era un feísmo ter esas casas vellas e derruídas no pobo, polo que  pasouse de ter o punto negro a que haxa unha praza nova, un lugar no que todos os veciños poidan reunirse", declarou Ana María Villarino Pardo, alcaldesa de Oímbra.

Neste proxecto participaron os alumnos e profesores do obradoiro de emprego de Oímbra, en concreto de Albañilería, que cursaron as súas prácticas obrigatorias con esta obra. 

As obras da nova Praza Maior de O Rosal rematarán a vindeira semana
comentarios