Comezarán no mes de novembro

NOTICIAS VERÍN | A ANPA do CEIP de Oímbra facilita a conciliación familiar con actividades

CEIP de Oímbra.

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP de Oímbra conta cunha ampla oferta oferta de actividades extraescolares para favorecer á conciliación e familiar, dirixidas para nenos de 3 a 12 anos. O Plan Corresponsal concedido pola Conselleria de Emprego e Igualdade da Xunta favoreceu a que a ANPA puidese organizar estas actividades para as cativos á saída do colexio.

A partir do mes de novembro, os estudantes poden participar en obradoiros de igualdade e viveiros de bo trato. Tamén terán clases de apoio escolar e de iniciación á lectura, ó inglés ou á informática. Outras opcións que teñen dispoñibles son o patinaxe, o multideporte, o teatro, unha ludoteca e moitas outras actividades. Todas elas terán lugar dentro das instalacións do centro escolar, onde hai matriculados más de 60 cativos de Infantil e Primaria.

Dende ANPA tamén poñen á disposición das familias campamentos nas vacacións de Nadal e Semana Santa para que así poidan compatibilizar. Por último, no mes de xuño continuarán as actividades no horario reducido.

Actividades da ANPA do CEIP de Oímbra.