mércores 08.07.2020
O concello aprobou o plan especial de infraestruturas e dotacións para permitir a súa ubicación

Unha empresaria local investirá 3 millóns de euros en Oímbra para construír unha residencia de maiores de 59 prazas

Terreos nos que se levantará a futura residencia de maiores de Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Terreos nos que se levantará a futura residencia de maiores de Oímbra. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

A Corporación municipal de Oímbra, cos votos a favor do Partido Popular, do PSdeG e coa abstención do BNG, aprobou este mediodía o plan especial de infraestruturas e dotacións que lle da cobertura legal ao proxecto dunha empresaria de As Casas dos Montes -unha localidade do municipio- que permitirá levantar na capitalidade do concello unha residencia de maiores cunha capacidade máxima de 59 prazas. 

Para a nova instalación, que comezará a construírse antes de que remate o ano, serán precisos arredor de 3 millóns de euros de inversión e permitirá crear uns 15 postos de traballo directos. Estará ubicada na estrada que comunica a capitalidade de Oímbra coas aldeas da montaña, moi perto da casa consistorial e do centro de saúde do municipio. 

Agora, logo do trámite inicial de sometelo á aprobación polo plenario municipial, o plan especial deberá someterse a información pública un mínimo de dous meses, ademais de anuncialo debidamente tanto no Diario Oficial de Galicia como noutro diario de papel e notificar aos titulares catastrais dos terreos afectados. Logo virá a solicitude dos informes sectoriais preceptivos e, máis tarde, a emisión dos informes correspondentes aos servizos xurídicos e técnicos municipais.

Unha residencia destas características, ademais dos postos de traballo que vai a xerar, algo moi importante para o noso municipio; vai permitir que os nosos maiores que non poidan ou que non queiran vivir sós, non teñan que marchar do seu entorno (Ana María Villarino Pardo, rexedora do Concello de Oímbra)

A rexedora de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.A rexedora de Oímbra, Ana María Villarino Pardo. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

A rexedora do Concello de Oímbra, Ana María Villarino Pardo, amosábase este mediodía, logo do pleno, especialmente "contenta. Vai a ser unha iniciativa privada que vai a prestar un servizo de carácter social, o único que nos quedaba por suplir neste concello, o dunha residencia logo de contar xa tamén con centro de día para maiores. E, teño que dicir que unha residencia destas características, ademais dos postos de traballo que vai a xerar, algo moi importante para o noso municipio; vai permitir que os nosos maiores que non poidan ou que non queiran vivir sós, non teñan que marchar do seu entorno", sinalou. 

Unha empresaria local investirá 3 millóns de euros en Oímbra para construír unha...
comentarios