A súa instantánea dun gato dentro dunha cesta a carón de varias unidades do rei da horta local, obtivo 334 "likes"

María Pardo, gañadora do primeiro concurso fotográfico da Feria do Pemento de Oímbra

Imaxe gañadora do primero concurso fotográfico "Pemento de Oímbra".

Aínda que este domingo, pola tarde, estaba moi disputada a competición, a imaxe de María Pardo acabou por convertirse na indiscutible gañadora do primeiro concurso fotográfio #pementodeoimbra

Con máis dun cento de reacción con respecto á segunda imaxe clasificada, María Pardo e a súa imaxe na que se ve un gato nunha cesta de mimbre rodeada de pementos de Oímbra son as gañadoras do primeiro concurso fotográfico #pementodeoimbra, que nesta edición -que non se chegou a celebrar de xeito presencial- se organizou por primeira vez co gallo de seguir potenciando o consumo do rei da horta olimbriguense.
Segundo manifestou a rexedora municipal, Ana María Villarino Pardo, "este domingo, no que se tiña que ter celebrado a XXIII edición da nosa feira, estivo moi animado nas redes, sobre todo á última hora do día, no que houbo unha verdadeira competición entre un par de imaxes", e garantiu que na vindeira edición do certame "haberá tamén un concurso fotográfico coma o deste ano, porque vexo que a xente se animou moito a subir imaxes na que o pemento de Oímbra era o protagonista", sinalou. 
O lote de produtos da horta local será entregando ao longo desta semana na Casa do Concello, no que non faltará tampouco unha botella de cada unha das adegas asentadas no municipio presidido por Villarino Pardo.