A Garda Civil busca en Oímbra a un xubilado de 62 anos que ameazou á súa filla con suicidarse
02 de enero de 2020 (13:32 h.)
Bernardino Machado Guimarães, mineiro xubilado de 62 anos está sendo buscado en Oímbra. O varón vivía fora do municipio por motivos persoais, pero o 31 de decembro chamou á súa filla para despedirse dela e informala de que ía suicidarse nos montes de Oímbra. O coche do desaparecido é da marca Seat Toledo, con matrícula C-4869-CG. O dispositivo de busca foi establecido esta mañá, e ó longo do mediodía poranse a traballar tamén os voluntarios de Protección Civil.
Calquera información sobre o paradoiro do varón desaparecido pode facilitarse no teléfono da Garda Civil de Verín (988.41.00.05).