xoves 22.08.2019
O segundo dos percorridos pretende achegar á veciñanza os avances dos traballos no histórico enclave

Derradeira oportunidade desta campaña para descubrir os achados do Castelo de Lobarzán

Dende a localidade de As Chas, a iso das 18,30 horas, partirá unha nova expedición camiño do Castelo de Lobarzán. Os interesados estarán acompañados por un nutrido equipo de guías: a veciñanza e os propios responsables dos traballos de investigación que se executan no lugar.


 

Un dos sartegos que poderán apreciarse nesta segunda andaina ao Castelo de Lobarzán.
Un dos sartegos que poderán apreciarse nesta segunda andaina ao Castelo de Lobarzán.

O equipo de investigadores que están a traballar no Castelo de Lobarzán, nos límites xeográficos dos concellos de Oímbra e Monterrei, pecharán este venres, dende as 18,30 horas, cunha segunda andaina polo recinto dos achados, a campaña inaugural dos traballos no lugar. Unha semana despois da primeira, pretenden, de novo, achegar a todos aqueles que lles poidan interesar os catro mil anos de historia que calculan poden contemplarse entre os dous outeiros, ademais de manter o obxectivo da confraternización, do desfrute da contorna e da paraxe e do intercambio de coñecementos entre os técnicos, arqueólogos e tamén veciños que participen.

O punto de encontro está fixado ás 18,30 horas no local social do núcleo de As Chas. Dende alí arrincará a expedición, subindo ata o lugar do castelo, por un traxecto que levará arredor de tres, horas ida e volta.

Os organizadores recomendan levar auga para as oportunas hidratacións, roupa cómoda e un calzado axeitado que lles permita sortear a maleza e os penedos do itinerario.

Derradeira oportunidade desta campaña para descubrir os achados do Castelo de Lobarzán
comentarios