O ente provincial abonou por os terreos adquiridos case 70.000 euros

Un paso máis para que as oito vivendas sociais de Oímbra sexan unha realidade

Manuel Baltar e Ana María Villarino, este xoves nos terreos adquiridos pola Deputación.

Manuel Baltar, o presidente da Deputación, achegouse este xoves ata Oímbra para visitar os terreos sobre os que se levantarán as futuras oito vivendas sociais do municipio. O ente provincial pagou por ises predios case 70.000 euros. Tamén está a financiar a redación do plan especial para se levaren a cabo.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou, acompañado da primeira edila do municipio de Oímbra, Ana María Villarino, os terreos onde se levantarán as futuras vivendas sociais do concello e que foron financiados íntegramente polo ente provincial. A Deputación investiu case 70.000 euros na adquisición da superficie precisa e arestora xa se tramita perante a Administración autonómica o plan especial que permitirá a construcción das oito vivendas proxectadas.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou este xoves sobre o terreo a capacidade que "esta alcaldesa ten para propoñer iniciativas ao goberno provincial que contribúan a dinamizar o rural, fixar poboación e atraer a novas familias ao seu municipio, poñendo en valor o territorio".

"Teño que agradecer a colaboración permanente que o ente provincial ten sempre con este concello", dixo Ana María Villarino, a alcaldesa de Oímbra

A alcaldesa, Ana María Villarino, pola súa banda, quixo agradecer públicamente "a colaboración permanente da Deputación de Ourense, que está a permitir que no noso rural se desenrolen proxectos que, como neste caso, repercutan nunha mellora da calidade de vida dos nosos veciños e da economía do municipio", sinalou.

As vivendas proxectas construiranse nunha parcela situada á marxe esquerda da estrada que une Oímbra con San Cibraro, prácticamente á altura do que é a escola da localidade.