viernes. 19.04.2024
Vistas de Oímbra dende a capela de Santa Ana.
Vistas de Oímbra dende a capela de Santa Ana. | FOTO: Perfecta Losada

E se as mellores vistas da túa vida estiveran fronte a un banco de madeira? No medio dunha paisaxe idílica, son moitos os lugares de Galicia (e España) que xa contan con este punto dende o que se pode visualizar unha panorámica natural incríble, con gran potencial como ícono fotográfico e turístico.

Dado o seu éxito, no concello de Oímbra xa están barallando a posibilidade de "limpar e sinalizar máis rutas de sendeirismo e tamén poñer algún banco que últimamente están tan de moda", asegura a alcaldesa, Ana Villarino. Estas declaracións responden á petición de Perfecta Losada, concelleira do BNG en Oímbra, que solicitaba a colocación do banco na capela de Santa Ana, dende onde se poden admirar unha das máis alegres e completas vistas da comarca, feito que, segundo Losada, "non vai desequilibrar os orzamentos municipais"

A proposta inicial é nosa, propuxen xa hai tempo esta idea porque me parece interesante, esta ubicación ten boas vistas e podería ser de gran atractivo turístico. (Perfecta Losada, BNG)

A rexedora municipal tamén adiantou a Diario do Támega que esa é unha de varias ubicacións que estudan, todas elas recollidas nun informe levado a cabo polo técnico municipal, que xa contempla a súa colocación e as xestións de carpintería correspondentes. "Díxenlle que as xestións xa as tiñamos feitas", finaliza Ana Villarino.

Normalmente, a ubicación destes bancos coincide co punto máis alto de rutas que, para os amantes da natureza, son un gran reclamo. Un deles podemos ubicalo preto de Oímbra, na comarca de Verín, no Pozo do Demo, unha paraxe de ocio e sendeirismo que se converteu nunha das maiores atraccións para os veciños da zona.

Banco con vistas no Pozo do Demo, en Verín. | FOTO: CedidaBanco con vistas no Pozo do Demo, en Verín. | FOTO: Cedida

'O mellor banco do mundo'... En Oímbra?