domingo 07.06.2020
Segundo el mesmo manifestou, decidiu marchar "porque se atopaba un pouco triste"

Aparece polo seu propio pé o veciño desaparecido dende onte pola tarde en Videferre

Joaquín Dasilva, de 52 anos, faltaba do seu domicilio dende onte pola tarde. Mobilizou case 50 persoas na súa búsqueda, entre efectivos da Garda Civil, Unidade Militar de Emerxencias e voluntarios de Protección Civil de Verín. Vén de aparecer polo seu propio pé. 

Vista aérea da localidade de Videferre, en Oímbra.
Vista aérea da localidade de Videferre, en Oímbra.

Segundo vén de informar a Garda Civil, Joaquín Dasilva, o home desaparecido dende a tarde de onte xoves na localidade na que residía, Videferre, en Oímbra, acaba de ser localizado nas inmediacións da súa vivenda en perfecto estado de saúde. 
Interrogado polos motivos que o levaron a desaparecer da súa vivienda manifestou que "se sentía un pouco triste e que decidira marchar". 

Os veciños de Joaquín Dasilva, de 52 anos, botárono en falta xa na noite de onte e deron a voz de alarma. Na súa búsqueda participaron, dende onte, varios axentes da Garda Civil, tanto do seu Servizo de Protección da Natureza (Seprona), como da Policía Xudicial, Destacamento de Tráfico e Seguridade Cidadá. A eles se sumaron esta mañá voluntarios da Agrupación de Protección Civil do Concello de Verín e mesmo efectivos da Unidade Militar de Emerxencias con base circunstancial na vila. O operativo de búsqueda completárono decenas de veciños de Videferre que peitearon, co resto do equipo de búsqueda, os montes da aldea ata a próxima localidade de Espiño, tamén en Oímbra. 

Pouco antes das sete da tarde, un veciño do desaparecido atopábao de camiño cara a súa casa, aparentemente en perfecto estado de saúde. 

A alcaldesa de Oímbra, Ana María Villarino, manifestou a súa ledicia por teren atopado a Joaquín Dasilva san e salvo e asegurou que estará moi pendiente "da súa evolución, por se precisara de axuda dende os Servizos Sociais do noso concello", amais de "agradecer a colaboración que prestaron tanto as forzas de seguridade do Estado, os efectivos enviados dende o Concello de Verín e, como non, os veciños de Joaquín que tamén participaron no operativo", afirmou a rexedora municipal. 

Aparece polo seu propio pé o veciño desaparecido dende onte pola tarde en Videferre
comentarios