sábado 31/10/20
Ana Villarino obsequiou a María Pardo Prada cunha cesta de produtos da horta de seu municipio

A alcaldesa de Oímbra entrega o premio á autora da foto gañadora do concurso #pementodeoimbra

Ana María Villarino Pardo, a alcaldesa (esquerda), fai entrega do lote de produtos da hora de Oímbra a María Pardo Prada.
Ana María Villarino Pardo, a alcaldesa (esquerda), fai entrega do lote de produtos da horta de Oímbra a María Pardo Prada.
María Pardo Prada é a autora da imaxe que máis interaccións recibiu no concurso proposto polo Concello de Oímbra con motivo da conmemoración, virtual, da XXIII feira do seu pemento
Ana María Villarino, a alcaldesa, fixo entrega da cesta de produtos da horta do seu municipio, na que, ademais de pementos, cebolas e bos tomates, ía unha mostra de cada un dos viños que producen as adegas que teñen a súa sede no Concello olimbriguense. 
Ana María Villarino apuntou, na entrega do galardón, que manterá "un concurso que tivo moi boa aceptación e que animou moito á xente, aínda que agardamos que o vindeiro ano podamos facelo con imaxes do certame", dixo a rexedora do Concello de Oímbra. 

A alcaldesa de Oímbra entrega o premio á autora da foto gañadora do concurso...
comentarios