Xoves. 28.03.2024
oimbra
Nena nunha excursión polo bosque.

Ábrese o prazo para inscribir aos rapaces na escola de verán de Oímbra, que contará con actividades deportivas ou inglés, entre outras.

As actividades daranse entre o 24 de xuño e o 30 de agosto, entre as 9:00 h e as 14:00 h e os rapaces estarán guiados e supervisados por persoal especializado. A idade mínima para que se apunten os nenos será de tres anos, mentres que a máxima será de 14 anos. O requisito para poder ser aceptados será que estén empadroados en Oímbra.

As persoas que queiran solicitalo poderán facelo no concello de Oímbra.

Ábrese o prazo para apuntar aos rapaces na Escola de Verán de Oímbra