martes 17.09.2019
AS LABORES DE EXTINCIÓN OBRIGARON A CORTAR A ESTRADA OU-1013 A VIDEFERRE

Controlado en hora e media o lume que queimou 30 hectáreas en Oímbra

Aínda que o amplo combinado dos equipos de extinción de lumes conseguiron atallalo en pouco máis de hora e media, non foron quen de impedir que as lapas queimaran case 32 hectáreas, na súa grande maioría de monte raso, no incendio que esta tarde se iniciou preto de Videferre (Oímbra).
As lapas do lume desta tarde, no momento da súa maior virulencia por mor do forte vento.
As lapas do lume desta tarde, no momento da súa maior virulencia por mor do forte vento.

En pouco máis de hora e media, todos os medios terrestres e aéreos que actuaron no lume iniciado na localidade de Videferre, en Oímbra, conseguiron controlalo non sen antes contabilizárense máis de 30 hectáreas de monte raso queimado

CORTE1O corte da estrada a Videferre posibilitou a aterraxe dos helicópteros coas brigadas. 

O lume detectouse pouco antes das tres da tarde e para facilitar as labores de extinción foi preciso cortar, entre os kilómetros 12 e 13, de xeito intermitente, a estrada OU-1013 (Videferre - Oímbra), na que nalgúns momentos aterrou algunha das aeronaves participantes. 

Para combatilo, incluso se achegaron tres unidades dos Bombeiros voluntarios de Chaves (Portugal), que se sumaron aos equipos enviados polo Distrito Forestal número XIV de Verín e Viana, a dúas patrullas do Posto Principal da Garda Civil de Verín, ao escuadrón de Cabalería de Valdomoro (Madrid), ás dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico de Verín e aos medios aéreos compostos polo tándem de brigada máis os helicópetros das bases de Xures e Vilamaior e da BRIF de Laza e Formación Antela. 

CORTE2Bombeiros Voluntarios de Chaves observan as maniobras dun dos helicópteros que participaba na extinción. 

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o foco, que quedou controlado ás 18,50 horas, comezou ás 14,40 horas e afectou a 31,88 hectáreas, das cales 31,68 foron de monte raso e 0,2 de monte arborado. Na súa extinción traballaron 3 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e 6 avións. 

Controlado en hora e media o lume que queimou 30 hectáreas en Oímbra
comentarios