Xoves. 28.03.2024
Concerto na honra a Santa Icía, a patroa dos músicos, nunha imaxe de arquivo.
Concerto na honra a Santa Icía, a patroa dos músicos, nunha imaxe de arquivo.

O Conservatorio Profesional de Música de Verín, coa colaboración da súa ANPA e da concellería de Educación, Cultura e Festexos do Concello de Verín, veñen de programar para as vindeiras semanas o ciclo de concertos “Emerxen os directos”.

Nunha campaña de dinamización da súa labor docente levada a cabo durante todo o curso lectivo no Auditorio Municipal, o CMUS acerca a cidadanía de Verín diferentes xéneros musicais; dende a música máis moderna á máis clásica, pasando polo estilo máis tradicional.

As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín (en horario de 17:00 a 20:00 horas). Pese a ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes actualmente na nosa comunidade autónoma.

Próximos eventos

 

  • AUDICIÓN DE PIANO DO CMUS PROFESIONAL DE OURENSE 
    •  Mércores 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

 

  • BIG BAND DO CMUS
    • Xoves 13 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

 

  • TRÍO VOLUNTAS
    • Sábado 15 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

 

  • CATRO CORES
    • Sábado 29 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

 

  • CONCERTO BENÉFICO DO CMUS VERÍN
    • Sábado 5 de xuño, ás 12:00 horas, no patio C. P. R. Mercedarios.

 

  • GALA DE GRADUACIÓN | ARTISTAS INVITADAS: CAAMAÑO E AMEIXEIRAS
    • Domingo 13 de xuño, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín.

NOTICIAS VERÍN | Volven os directos do Conservatorio no auditorio verinense