xoves 17.10.2019
O gaiteiro actuará no castelo e o senlleiro grupo de folk, no festival Carqueixa de Laza

Carlos Núñez e Milladoiro estarán esta tarde noite a pouco máis de 20 kilómetros de distancia

carlos
Souteliño, en Laza, acolle esta tarde unha nova edición do Carqueixa Rock e Folk.
Souteliño, en Laza, acolle esta tarde unha nova edición do Carqueixa Rock e Folk.

A Xira dos Lugares Máxicos, co castelo de Monterrei como anfitrión, e unha nova edición do festival enxebre Carqueixa Rock son esta tarde noite as citas ineludibles na comarca. Dous dos máximos exponentes da eclosión da música tradicional galega achéganse hoxe ata as terras do Támega. O primeiro, o gaiteiro Carlos Núñez, ás nove da noite, cara o solpor, na fortaleza. E, o segundo, Milladoiro, logo da cea popular que a organización do festival rock e folk ten prevista para esta mesma tarde cara as nove da noite. Será na localidade de Souteliño, a carón de Laza. Antes, viría de ter lugar o que xa deron en chamar "Carqueixa Miúdo", cun pequeno circo e unha sesión de contacontos dende as 17,30 horas.

Carlos Núñez e Milladoiro estarán esta tarde noite a pouco máis de 20 kilómetros de...
comentarios