xoves 13/05/21
Haberá un premio de 50 euros para o mellor disfraz, a mellor musicalidade e a mellor interpretación

Os alumnos do Conservatorio terán que tocar disfrazados no I Concurso "Entroido Musical"

O Conservatorio de Música de Verín non permitirá que o Entroido se deixe de vivir tamén dentro das súas paredes. Non haberá festa de xeito oficial, pero os seus xestores non queren que se perda o espíritu do mesmo e veñén así de organizar o primeiro concurso "Entroido Musical" da historia do centro

Concierto Conservatorio110519-41
Poderán participar nese primeiro concurso todos os alumnos que o desexen e se inscriban. | FOTO: Manu San Martino.

O xoves 11 de febreiro, ás 20:00 horas, o Conservatorio Profesional de Música de Verín organiza o primeira edición do concurso "Entroido Musical". Esta iniciativa xurde coa finalidade de motivar, incentivar e estimular nos xoves intérpretes o estudo do seu instrumento, e ao mesmo tempo incrementar a participación nunha tradición popular tan importante como é a do Entroido na cultura verinense.

Deberán respectarse as seguinte bases

  • Poderán participar neste concurso os estudantes matriculados no Conservatorio Profesional de Música de Verín de calquera especialidade.

 

  • O concurso consistirá nunha única proba. En calquera dos casos, a organización do concurso poderá facer unha preselección de participantes se o número de inscricións imposibilitase a realización do concurso o día programado.

 

  • O concurso está deseñado nunha única categoría na que participarán todos os inscritos.

 

  • Os participantes deberán ir disfrazados. Os seus disfraces poden estar baseados na temática da obra que interpreten ou ben relacionados coa tradición cultural do Entroido na vila.

 

  • Independentemente de que o disfraz conteña algún tipo de máscara, isto non exime de levar a máscara cirúrxica e respectar estritamente o protocolo sanitario vixente.

 

  • Establécense 3 premios:

 Mellor interpretación: Vale académico de 50€

Mellor musicalidade: Vale académico de 50€

Mellor disfraz: Vale académico de 50€

 

O concurso non poderá contar con público por mor da situación sanitaria, pero si quedará gravado e Diario do Támega emitirao en directo

Os alumnos do Conservatorio terán que tocar disfrazados no I Concurso "Entroido Musical"
comentarios