sábado 24.08.2019
O obxectivo será ensinar a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan na entidade

O Conservatorio de Verín dará un concerto este sábado na Praza Maior

O Conservatorio Elemental de Música de Verín dará un concerto o sábado 11 de maio ás 12:00 h na Praza Maior da localidade. 

A entrada será gratuita e ata completar aforo.

Demostración no colexio María Inmaculada de Verín.
Demostración no colexio María Inmaculada de Verín.

O sábado 11 de maio profesores e alumnado do Conservatorio Elemental de Música de Verín darán un concerto didáctico na Praza Maior da vila. O evento será ás 12:00 h e estará enfocado para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos.

Os profesores, alumnado, o Grupo de Corda, Tecla e Vento e a Banda do Conservatorio, interpretarán temas populares, clásicos e infantís, ademáis de presentar os instrumentos que ofrece o centro: clarinete, frauta travesera, guitarra, piano, saxofón, trompeta, trombón, viola e violín.

Estos estudos estarían dispoñibles para rapaces entre os 8 e os 14 anos, mentres que para os de 7 anos ofrecécese un Curso de Fundamentos Musicais, e un Curso de Música para os de 6 anos de idade e os máis pequenos. 
Os concertos terán coma obxectivo presentarlle aos participantes a sonoridade e a mecánica dos instrumentos que se estudan no Conservatorio Elemental de Música de Verín. 

A entrada será libre, ata completar aforo, e os interesados en inscribirse para acceder á formación oficial - alumnado entre 8 e 14 anos - poderán facelo ata o día 15 de xuño. Poderase pedir información na Casa do Concello de Verín.

O Conservatorio de Verín dará un concerto este sábado na Praza Maior
comentarios