Xoves. 28.03.2024
190507_CONCERTO CMUS VERIN CARITAS 2019 CMZ_6
Unha alumna no concerto de Cáritas Verín 2019. Fonte: Carlos Montero.

O Conservatorio de Música de Verín abre o prazo de inscrición para comezar os estudos oficiais de música, que pechará o 14 de xuño. A tramitación é gratuíta e realízase na Casa do Concello.

Os instrumentos nos que imparte os catro cursos do grao elemental son clarinete, frauta traveseira, guitarra, piano, saxofón, trompeta, viola e violín.
Para comezar os estudos oficiais de música é imprescindible que as persoas teñan actualmente de 8 a 14 anos, ou que cumpran 8 e non cumpran 15 no ano actual. Tamén deberán facer unha proba de aptitudes para o acceso.


O conservatorio promove tamén un Curso de Fundamentos Musicais - para alumnado de 7 anos - e un Curso de Música para Peques - para nenos e nenas de 6 anos -. 
O Conservatorio Elemental de Música de Verín depende do Concello de Verín e está radicado, como o Auditorio Municipal, no Centro das Artes Escénicas e Musicais.

Ábrese o prazo de inscrición para o Conservatorio de Verín