martes. 16.04.2024
Antonio Prieto (esquerdar e Xosé Rivada, nunha foto de arquivo.
Antonino Prieto (esquerda) e Xosé Rivada, nunha foto de arquivo.

"De las sogas de la felicidad, el amor, por ejemplo: para no vencernos nunca" é unha obra colectiva de 105 autores de toda España, Francia, Italia, Bulgaria, Alemania, EE. UU., México, Colombia, Perú, Arxentina e Venezuela, que se presentará este venres, 7 de agosto, a partires das 20:00 horas, no Hospital da Trinidade, na Acrópole de Monterrei.

Os creadores están coordinados polo autor e poeta Antonino Nieto Rodríguez. Trátase do noveno proxecto literario dirixido polo galego, que escolle sempre o amor, nas súas diversas formas, como tema central. O director da antoloxía explica que leva case unha década "haciendo los libros del amor en los que colaboran, de media, 80 autores cada año". 

O director Plácido Romero Bernardo, o xornalista e artista Jaime Noguerol, Miguel "Chita" Prieto, Sela Salgado ou Sergio García Dacosta son só algúns dos verinenses que participaron na escritura desta obra, capitaneada por Antonino Nieto. "A mí siempre me gusta hacer esa combinación, desde la calidad, entre autores consagrados y autores novel porque queda muy bien y dan puntos de vista distintos", comenta.

O director organizativo da publicación conta, entre as súas facetas, coa videoarte e a creación de espectáculos e rituais nos que une a literatura con diversas artes plásticas, musicais e de danza. Aos "libros do amor" acompáñaos algunha anécdota que relata, con nostalxia: "Una vieja amiga que falleció hace poco, Luz Pozo Garza, nos contó en uno de los primeros libros aquel primer beso con el que descubrió a su gran amor"

A búsqueda por achegar a cultura ao local e poñer en contacto aos grandes artistas, escritores e creadores en xeral, coa comarca de Verín é unha das motivacións que impulsaron ao poeta a animarse con este proxecto: a presentación foi organizada coa axuda do pintor e escultor Xosé Rivada, inductor de que un anaco desta arte se achegue a Monterrei. 

No evento espérase a presencia de máis autores, entre eles: Paco López Barxas, Isabel Pintado, Clara Martín, Manolo Menor, Alba Fernández, Chema Paz Gago, Yanet Ruíz, Yelena Molina, Carolina González Blanco, Iñaki Carmona e Alfredo Conde. 

A ambientación musical durante o acto correrá a cargo do cantautor Antonio Luz con algunhas cancións do seu novo disco e outras compostas durante o confinamento. 

O coordinador da obra, Antonio Nieto Rodríguez, xunto con tres dos autores da mesma, Ouke Leele, Xosé Perozo e Pedro Mansilla, no acto de presentación do libro no Corte Inglés de Callao, en Madrid. | FOTO: Recuperada.

O coordinador da obra, Antonino Nieto Rodríguez, xunto con tres dos autores da mesma, Ouke Leele, Xosé Perozo e Pedro Mansilla, no acto de presentación do libro no Corte Inglés de Callao, en Madrid, o 16 de febreiro. | FOTO: Cedida.

A antoloxía publicada pola editorial Lastura contén textos tanto en poesía coma en prosa e xa foi amosada ao público no Corte Inglés de Callao (Madrid) o pasado 16 de febreiro deste ano 2020, onde recibiu moi boas críticas por parte dos asistentes. O éxito da publicación, produto da calidade da colaboración e da carismática organización de Antonino Nieto, tamén é a resposta da audiencia a unha temática moi exitosa. O coordinador explica que pode ser vista dende moitas perspectivas distintas, o que sempre asegura unha boa acollida por parte do público: "El amor siempre es algo muy personal, ponga lo que ponga el título del libro".  

Durante o acto, reclamarase manter as medidas de seguridade e saúde pública: distancia interpersoal, emprego de mascarilla e aforo limitado. confirmación de asistencia é obrigatoria e realízase na Oficina de Turismo de Monterrei, onde se pode solicitar máis información chamando ao teléfono de contacto: 988 361 360.

Monterrei acolle a presentación de "De las sogas de la felicidad, el amor, por ejemplo:...