Venres. 29.03.2024
A primeira xornada de vendima do 2020 na D.O. Monterrei, na adega Pazo das Tapias.
Pazo das Tapias foi a primeira adega en iniciar a vendima na Denominación de Orixe Monterrei.

Na mañá deste xoves, 27 de agosto, comezou a vendima na Denominación de Orixe Monterrei; a adega encargada de inaugurar a campaña deste 2020 foi Pazo das Tapias, onde os profesionais do sector traballaron na recolección de godello.

Á xornada inaugural acudiron o xerente da adega Pazo das Tapias -tamén xerente da empresa  matriz do grupo, Pazo do Mar-, Manuel Méndez, e a presidenta do Consello Regulador da D.O., Lara Da Silva.

Segundo informa Da Silva, a presente campaña augura bos resultados en Monterrei, segundo os datos aportados polos técnicos do Consello Regulador, que estiveron visitando durante a pasada semana todo o territorio da D.O. 

Constataron que a uva se atopa "nun estado fitosanitario excelente" e pronostica unhas previsións de recollida que "rondan as cifras do ano pasado, é dicir, uns 5.600.000 kg".

A presidenta do órgano rector explica que as boas previsións se deben ó aumento de precipitacións das últimas semanas: "a pesar da falta de choiva que as colleitas teñen experimentando este verán, as últimas precipitacións axudaron moito a paliar ese estrés hídrico que viña sufrindo a uva". 

"O forte da vendima vai vir a partir do día 10 de setembro e o 15 do mesmo mes pretendemos ter a todas as adegas en activo", comenta a directora do organismo normalizador. 

O día 31 de agosto comezarán a vendimar as Adegas Terrae situadas no Rosal, pertencentes á mesma Denominación de Orixe Monterrei.

Imprescindible a comunicación ao Sergas

O número de persoas que traballan nas campañas de vendima dependen das características das adegas: as que son máis familiares probablemente non fagan contratacións externas e sexan capaces de realizar as tarefas de recolecta entre amigos e familiares.

En cambio, nas adegas máis grandes, a mobilización poderá tocar a unha estimación de entre 30 e 50 persoas traballando en campaña. 

Lara Da Silva insiste: "Para poder ter a materia prima recollida sin ningún sobresalto inesperado, é importante que as adegas envíen os correspondentes informes para comunicarlle ó Sergas a cifra de persoas que se van a contratar".

Os técnicos da Denominación de Orixe Monterrei estiman unha colleita similar á do...