Venres. 29.03.2024
Un técnico municipal visitará as instalacións para comprobar que se están a respectar as medidas medioambientais esixidas

Veciños de Vilaza, en Monterrei, constitúen unha plataforma para esixir o peche dunha granxa que alcatrea

"Non podemos vivir cas fiestras abertas" ou "o cheirume é tal que se fai insoportable" son algunhas das afirmacións dos veciños da rúa Requeixo, en Vilaza, que esta fin de semana, fartos de inhalar o fedor, decidiron colocar pancartas nas súas vivendas esixindo que se tomen medidas contra a instalación. 

cheirovillaza1
Unha das pancartas que os veciños colocaron nos peches das súas vivendas.

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez Martínez, confirmou que mañá martes un técnico municipal do seu Concello visitará as instalacións da granxa da rúa Requeixo en Vilaza (Monterrei) para comprobar que se están a cumprir as medidas en materia de contención de cheiros no recinto. Responde así á petición dos membros da recentemente creada Plataforma de Afectados pola Granxa da Rúa Requeixo, que como medida de protesta esta mesma fin de semana, na entrada da localidade e nas inmediacións da granxa, colocaron varias pancartas nos domicilios con peticións de asunción de responsabilidades por parte de todas as administracións vinculadas á nova explotación gandeira

cheirovillaza4Unha das pancartas situada nunha das vivendas próximas á granxa cuestionada.

Así, como se aprecia nas propias imaxes, nas mensaxes pódense ler lendas como "Xunta, Deputación e Concello, pasen por Villaza. Temos moitas moscas e un apestoso cheiro a mexo de vacas" ou "Queremos disfrutar das nosas casas sin cheiros das vacas. Non a granxa", reflicten algunhas das pancartas colocadas nos cerrumes das vivendas. 

Xunta, Deputación e Concello, pasen por Villaza. Temos moitas moscas e un apestoso cheiro a mexo de vacas -ou- Queremos disfrutar das nosas casas sin cheiros das vacas. Non a granxa -son algunhas das mensaxes que poden lerse nos cerrumes das casas

Unha das integrantes consultadas apuntou "que vivir aquí con este fedor está sendo insoportable. Na casa que está ao seu carón mesmo, na curva, e na que viven dúas persoas maiores, están condenados a non poder saír dela e nen tan siquera abrir as fiestras, hai un cheiro a ouriños totalmente inaguantable".

cheirovillaza3As mensaxes que se poden ler nas vivendas próximas á instalación colocáronse esta fin de semana.

Segundo puido coñecer este diario, a instalación que está a ser obxecto de crítica tiña unha licencia de obra e de actividade do ano 1972, para o su uso agrogandeiro. Os seus propietarios estiveron exercendo esa actividade ata o 2012, ano no que a pecharon. O 8 de abril do 2018, segundo confirman dende a Plataforma de Afectados, presentaron ante a Xunta de Galicia a súa comunicación de cese definitivo da explotación. Meses máis tarde, os propietarios alugaron as instalacións a unha terceira entidade que solicitou a pertinente autorización para o exercicio da explotación, aínda que en vez de manter o seu uso de criadeiro avícola, iniciou unha actividade de cría de tenreiros, que é a que está a provocar as insalubres consecuencias para a poboación.

Sen embargo, como así confirma o propio rexedor, José Luis Suárez Martínez, "os actuais arrendatarios solicitaron a oportuna licenza para exercer a actividade, que aínda que en efecto mudaron o tipo de animais que alí se crían, non mudou o uso agropecuario da mesma e polo que obtivo a oportuna autorización hai más de 40 anos". 

granxavillazaA explotación está situada na saída de Villaza á A-52, na estrada que comunica esta localidade co ramal da autovía e co balneario de Requeixo.

Un técnico visitará as instalacións para comprobar que cumpre cos condicións fixadas para obter a licenza, se se acredita que non respecta as medidas esixidas, seralle suspendida a autorización para exercer a actividade

Con todo, o alcalde, Suárez Martínez, asegura que para poder conceder esa nova licenza, "presentouse neste Concello a oportuna solicitude, e os informes de Medio Ambiente eran moi claros: Para poder exercer a actividade, debían de cumprir unha serie de esixencias moi estritas, moi rigorosas en materia de emisión de ruídos e tamén de cheirumes", asegurou. Medidas que o primeiro edil do Concello de Monterrei entende que non se están a respectar porque "eu, que tamén son veciño de Villaza e que meus pais teñen unha casa moi preto da granxa, son consciente de que o fedor que se está rexistrando é incompatible con que se estén respectando os requisitos fixados no informe de avaliación medioambiental".

É por iso que, segundo así confirmou a Diario do Támega, "con case total seguridade, mañá -por este martes- un técnico visitará as instalacións para comprobar que cumpre cos condicións fixadas para obter a licenza, se se acredita que non respecta as medidas esixidas, seralle suspendida a autorización para exercer a actividade", recalcou.

  

Veciños de Vilaza, en Monterrei, constitúen unha plataforma para esixir o peche dunha...