viernes. 19.04.2024
As actividades realizadas en Monterrei axudaron a que se incrementara o número de visitantes no 2019.
As actividades realizadas en Monterrei axudaron a que se incrementara o número de visitantes no 2019.

Durante o ano 2019 a Oficina de Turismo do Concello de Monterrei incrementou os seus datos con respecto ao ano pasado. Foron máis de 21.000 persoas as que pasaron pola oficina de Turismo para visitar, participar en visitas guiadas ou acudir a eventos na Acrópole de Monterrei no 2019. Os momentos de maior número de visitantes foi a época estival de xuño a setembro con máis dun 39% do total das persoas que visitaron a Acrópole nesta anualidade. Con respecto ao 2018, Turismo de Monterrei percibiu un aumento xeralizado e prolongado en todos os meses do ano, tendo especial relevancia -a maiores do verán- períodos de afluencia importante á Comarca, como é o Entroido.

Na Acrópole leváronse a cabo máis de 55 actividades e rexistráronse 91 grupos. Os visitantes que se achegaron ata Monterrei viñeron, principalmente, de Galicia nunha porcentaxe dun 53%; do resto de España un 32%, tendo especial relevancia os visitantes de Madrid; e un 15% de procedencia internacional, sendo os veciños de Portugal maioría, aínda que chegaron persoas de lugares afastados como son Xapón, Australia ou Singapur.

Para promocionar as chegadas de visitantes, a oficina de Turismo elaborou un tríptico informativo dos principais recursos do Concello, fomentando a participación da poboación local neses labores, coa creación dun certame de pintura ao vivo na Acrópole.

Para este ano 2020, Turismo de Monterrei quere continuar a liña de dinamización con actividades na Acrópole de Monterrei e propor novas experiencias turísticas no concello e comarca de Monterrei. A Oficina de Turismo pretende seguir empregando o hospital da Trinidade como centro de actividades culturais e de divulgación potenciando o número de iniciativas a desenrolar na Acrópole. Servindo como exemplo, as exposicións que terán lugar na mesma ou actividades como reforzo de horario no Entroido e concurso de fotografía de disfraces no entorno da Acrópole.

Máis de 21.000 persoas visitaron o Castelo de Monterrei no 2019