luns 18/01/21
María Gallego e o seu enfermeiro Arturo Baliño recuperaron as súas prazas no consultorio

Sergas e Concello de Monterrei cumpriron cos veciños de Albarellos e a médica volveu á consulta da localidade

Arturo Baliño, enfermeiro do centro de saúde de Albarellos, en Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
Arturo Baliño, enfermeiro do centro de saúde de Albarellos, en Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Tal e como anunciara o rexedor municipal, José Luis Suárez, a médica de Albarellos, María Gallego, acompañada do seu enfermeiro Arturo Baliño, recuperaron este luns a súa habitual consulta na localidade, logo de que as protestas veciñais puxeran en dúbida que unha vez que se pechara por reformas o ambulatorio local, volvese a estar activo. 

Unha pequena porta aberta cara a que estaba chamado a ser o despacho da asistenta social do Concello de Monterrei permitiu que se ampliase a superficie adicada ao consultorio, incorporando nesa nova estancia o almacén que demandaban os facultativos. 
Unha sala COVID externa fará as funcións ata que non se amplíen as instalacións de xeito definitivo. 

Sergas e Concello de Monterrei cumpriron cos veciños de Albarellos e a médica volveu á...
comentarios