viernes. 19.04.2024
WhatsApp Image 2019-08-06 at 16.23.02
Resolución ao recurso presentado pola plataforma veciñal de afectados.

O antigo criadeiro avícola reconvertido en granxa de vacún hai unhas semanas no núcleo de Vilaza, no Concello de Monterrei, recibiu nos últimos días inspeccións de diferentes organismos para comprobaren se se estaban a cumprir todos os requerimentos normativos en materia de salubridade e licenzas de explotación. Tralos correspondentes informes da Xunta de Galicia e do propio consistorio tamagano, esta mesma mañá recibiron a visita dunha comitiva do Seprona, que ratificou de novo o cumprimento da lexislación vixente. Mentres continúan as protestas da veciñanza máis próxima á nave, o titular da mesma afirma estar "canso de estar recibindo continuamente visitas tanto da Xunta, como do Concello ou do Seprona esta mesma mañá". "Se non tivese todas as autorizacións en regra non podería estar exercendo a actividade, porque é preceptivo contar con elas antes de poder iniciala", afirma o empresario. 

WhatsApp Image 2019-08-06 at 16.23.03 (1)WhatsApp Image 2019-08-06 at 16.23.04

Reafírmase no cumplimento da normativa logo de ter denunciado ante a Garda Civil de Verín un suposto intento de roubo na madrugada do pasado sábado e aporta a propia acta de inspección do Concello de Monterrei, que reflicte que non existe ningún tipo de irregularidade.

O titular afirma que se seguen coa súa loita contra eles actuarán en consecuencia con todos os medios que teñan, xa que "poida que algunhas das vivendas que hai por alí sexan as que non conten precisamente con todos os permisos".

"En todo momento se lle dixo ao Concello que ía ser un cebadeiro de vacún", sinala a persoa responsable, que aproveita para apuntar que dende a empresa encargada da explotación están a levar a outra xente externa aos arredores da nave "para percibir se cheira ou non cheira" por temor a que eles mesmos teñan "a pituitaria xa acostumada".

Ante as contínuas demandas de peche por parte dos veciños máis próximos, non ten problema en sentenciar que se seguen coa súa loita contra eles actuarán en consecuencia con todos os medios que teñan, xa que "poida que algunhas das vivendas que hai por alí sexan as que non conten precisamente con todos os permisos". Así mesmo, a Xunta de Galicia vén de desestimar por segunda vez o recurso da plataforma veciñal de afectados.

Unha chamada dos veciños a COREN –cuxo logotipo permanece serigrafado nos exteriores da nave por mor da explotación que a ocupou anteriormente– provocou que os actuais titulares recibiran unha chamada de atención da empresa pedíndolles que borrasen a súa marca para evitar que a explotación sexa asociada coa cooperativa ourensá.

Recentes inspeccións de Xunta e Concello non atopan ningunha irregularidade na granxa...