mércores 08.07.2020
Gran acollida da nova mostra do artista verinense na súa presentación

Os "Pensamentos" de Rivada, concentrados no Castelo de Monterrei

O 25 de xaneiro inagurouse a exposición Pensamentos do artista verinense Xosé Rivada na Acrópole de Monterrei.

Xosé Rivada; José Luis Suárez, alcalde de Monterrei e Antón Alonso Suárez, na presentación de "Pensamentos".
Xosé Rivada; José Luis Suárez, alcalde de Monterrei e Antón Alonso Suárez, na presentación de "Pensamentos".

Na tarde do 25 de xaneiro realizouse a apertura da exposición Pensamentos de Xosé Rivada. Trátase dunha escolma da obra, en distintas técnicas e materiais, deste autor verinense. O horario de visita da exposición, que se atopa no espazo expositivo do hospital da Trinidade na Acrópole de Monterrei, é o mesmo que o da oficina de Turismo de Monterrei, de mércores a domingo de 10:00 horas a 18:00 horas.

WhatsApp Image 2020-01-27 at 21.55.58Rivada ao carón dunha das súas obras que se atopan na exposición "Pensamentos".

No acto de apertura participaron o autor da exposición, Xosé Rivada; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez e o xornalista e crítico de arte, Antón Alonso. Ademais, a cita estivo acompañada por un concerto dos máis cativos do Conservatorio de Música de Verín, que amenizaron a velada e gañaron os aplausos dos invitados.

Os "Pensamentos" de Rivada, concentrados no Castelo de Monterrei
comentarios