Ao aire libre na acrópole do Castelo

NOTICIAS VERÍN | Monterrei organiza o seu IV Concurso de Pintura Rápida

Concurso internacional de pintura rápida de Monterrei.

O Concello de Monterrei vén de convocar a cuarta edición do seu concurso internacional de pintura ao aire libre, que terá lugar na acrópole do Castelo de Monterrei o vindeiro sábado 2 de outubro.

A inscrición no concurso, no que poderán participar artistas maiores de 18 anos, estará aberta ata o día 15 de setembro incluído. Os interesados deberán formalizar a súa solicitude enviando a folla de inscrición, un breve currículo artístico e varias imaxes da súa obra ao correo turismomonterrei@gmail.com

A relación de artistas seleccionados para participar no concurso será publicada o día 17 de setembro, dúas semanas antes da celebración do evento, que terá lugar en horario de mañá. Xa pola tarde, arredor das 17:30h daranse a coñecer os vencedores. Os premios aos que aspiran son un recoñecemento en metálico de 1000€; a realización dunha compra de obra valorada en 500€ e un exemplar do artista Xosé Rivada.

Para obter máis información poden poñerse en contacto co correo electrónico mencionado nas liñas anteriores ou no teléfono 988 361 360.