Monterrei solicitará a declaración de "Zona de Emerxencia" polo lume de San Cristovo
05 de agosto de 2020 (16:34 h.)
O Concello de Monterrei aprobou hoxe, 5 de agosto, no pleno municipal e por unanimidade, solicitar a declaración de "Zona de Emerxencia" polo incendio forestal que asediou a localidade de San Cristovo e que se deu por extinguido este martes, tras queimar 1.535 hectáreas.