sábado 19/09/20
A recolecta levarase a cabo nun total de 581 hectáreas de territorio nas que traballan 389 viticultores

Mañá comeza a vendima na Denominación de Orixe Monterrei

 

A encargada de inaugurar a campaña de recolección será Pazo das Tapias, na localidade de Pazos, en Verín.

A campaña de vendima comezará mañá na Denominación de Orixe Monterrei. | FOTO: Cedida.
A campaña de vendima comezará mañá na Denominación de Orixe Monterrei. | FOTO: Cedida.

Na xornada de mañá, xoves 27 de agosto, darase comezo á campaña de vendima -no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei-.

Desta vez, a recolección adiantouse 10 días con respecto á tempada pasada.

A primeira bodega en iniciar as tarefas de recollida da uva neste 2020 será Pazo das Tapias, situada na localidade de Pazos, en Verín. 

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas e está formada por 27 bodegas do val de Monterrei -que abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val-.

As viñas desta Denominación de Orixe ocupan un total de 581 hectáreas de territorio, nas que traballan 389 viticultores.

Mañá comeza a vendima na Denominación de Orixe Monterrei
comentarios