jueves. 18.04.2024
WhatsApp Image 2020-06-28 at 21.58.56
A base de operacións estaba montada no patio das vellas escolas de Medeiros.

O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, vén de informar que Antonio Pérez Simón, o septuaxenario desaparecido do seu domicilio este domingo logo de comer, acaba de ser atopado por un familiar en perfecto estado cerca da localidade de Medeiros, onde desaparecera. 

Un amplo operativo participou na busca do home desaparecido dende esta mediodía en Monterrei (Ourense), informaron o 112 e fontes de Protección Civil do municipio, que explicaron que se trata dun home que normalmente sae a pasear e, en en ocasións, se desorienta.

Drons da Axencia Galega de Emerxencias, equipos de cabalos da Garda Civil, persoal de Protección Civil de Monterrei e Cualedro e tamén das agrupacións de voluntarios de Xinzo e Verín participaron no dispositivo de búsqueda, que fora suspendida pasadas as nove da noite e que estaba previsto que se reanudase ás oito da mañá deste luns. 

O home saíu a pasear despois do xantar, ao redor das 14:30 horas, na localidade de Medeiros. O aviso de que non regresaba a casa foi dado pola súa irmá. Fontes de Protección Civil explicaron que o home desapareceu hai dous anos e logo conseguiron localizalo a uns 10 quilómetros do lugar onde fora visto por última vez.

Segundo o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, é unha persoa dos seus 70 anos que sae a dar un paseo con frecuencia e ten unha discapacidade intelectual.

Localizado en perfecto estado o home desaparecido este domingo en Medeiros