Os feitos ocorren na noite deste venres ao sábado nunha finca valada á carón do río Támega

O lobo mata a catro ovellas e un carneiro ao pé da Pousa, en Monterrei

Tres das cinco vítimas amenceron mortas na finca valada na que pasaron a noite. | FOTO: E. D.

Tres ovellas mortas, un año e un carneiro é o balance dos danos ocasionados polo ataque, presuntamente, dun lobo esta noite na Pousa, no Concello de Monterrei. 

Os veciños da Pousa, en Monterrei, amenceron hoxe consternados logo de coñecerse que un lobo -aínda que hai quen sostén que puido tratarse duns cans que levan meses merodeando preto sen dono- atacara a un pequeno rabaño de ovellas que pasaban a noite nunha finca valada a carón do río Támega. 

Foron catro as que aparecen mortas, tres na mesma propiedade, un año a uns 60 metros das anteriores e o carneiro, a 100.


Os axentes de Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil faranse cargo das pesquisas para determinar se, en efecto, foi un ataque do lobo o que lle causou a morte ás ovellas ou puido ser o duns cans esfameados que xa nalgún momento os veciños da Pousa denunciaran telos visto tamén pola aldea.