Venres. 29.03.2024
Imaxes das lapas preto do pobo da Salgueira, tomadas dende as Bodegas Crego e Monaguillo. | FOTO: Cedida.
Imaxe das lapas preto do pobo da Salgueira, tomada dende as Bodegas Crego e Monaguillo. | FOTO: Cedida.

A situación semella complicada para os veciños da Salgueira e as bodegas Crego e Monaguillo: o incendio achegánse á zona. O vento sopra con forza e o lume, que xa queimou máis de 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións, avanza moi rápido.  

Para o seu control, mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas, 1pa, 5 helicópteros e 8 avións. Se non se consegue estabilizar o foco, as consecuencias poderían ser de gravidade dada a proximidade ás vivendas. 

Emerxencias Ourense foi o encargado de dar a coñecer a situación do incendio iniciado na Caridade; ás 18:00 horas aproximadamente, a través da súa conta de Twitter, mostrou o estado da cuestión. A esa mesma hora, solicitaban "tódolos medios aéreos dispoñibles" para abordar un "incendio fóra da capacidade de extinción"

A conta de Medio Rural, @Incendios085, publicou momentos máis tarde que a SITUACIÓN 2 está solicitada pero non declarada e que, o lume, "non está fora de capacidade de extinción". 

 

As lapas achéganse perigosamente á Salgueira e ás Bodegas Crego e Monaguillo