Desolación total: vivendas alcanzadas en San Cristovo, Monterrei
Hay unha primeira vivenda afectada polas lapas e o resto están a ser desaloxadas pola Garda Civil.
Os medios de extinción afirman que a Situación 2 xa foi declarada, debido á proximidade do lume ao núcleo de San Cristovo, en Monterrei.
O incendio comezou ás 14:15 horas desta tarde e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, afecta provisionalmente a unha superficie de 60 hectáreas.
Para o seu control, mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 5 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 11 avións, segundo informacións de Medio Rural.
Un cambio de aire repentino durante as últimas horas, podería dificultar aínda máis unhas labores de extinción que xa levan sendo difíciles dende o inicio deste incendio, na parroquia de San Millao (Cualedro).
A Brigada de Reforzo en Incendios Forestais do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, traballan codo con codo, coa BRIF de Laza na extinción do lume. O equipo da BRIF Tabuyo chegou dende a súa base en León para aportar 2 helicópteros, MZ4 e MZ4B, e 18 Bombeiros Forestais. En total, as brigadas de Laza e Tabuyo computan 4 helicópteros e 54 Bombeiros Forestais.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña ou sospeita coñecemento: 900 815 085.