Xoves. 28.03.2024
WhatsApp Image 2019-08-05 at 10.09.45
Algúns dos danos ocasionados polos supostos saboteadores denunciados ante a Garda Civil polo titular da explotación.

Na madrugada do pasado sábado, día 3 de agosto, o titular da explotación –que non o dono das instalacións– da granxa situada na saída de Vilaza á A-52, na estrada que comunica esta localidade co ramal da autovía e co balneario de Requeixo, acudiu á comandancia da Garda Civil de Verín para efectuar unha denuncia pola presunta comisión dun delito de roubo con forza nas cousas en grao de tentativa. O titular da explotación gandeira por cuxos cheirumes foi creada hai unha semana unha plataforma veciñal que esixía o feche da granxa, afirmou na denuncia, á que tivo acceso Diario do Támega, que desconfiaba dos veciños e veciñas colindantes á granxa, que visiblemente manifestaran o seu desacordo coa apertura da explotación a través de múltiples pancartas penduradas no exterior das vivendas. 

O titular da explotación gandeira afirmou na denuncia, á que tivo acceso Diario do Támega, que desconfiaba dos veciños e veciñas colindantes á granxa

WhatsApp Image 2019-08-05 at 10.09.46Algúns dos danos ocasionados polos supostos saboteadores denunciados ante a Garda Civil polo titular da explotación.

Os danos denunciados limítanse ao destrozo parcial da verxa metálica exterior que protexe a explotación, recoñecendo non posuír nin sistema de vixilancia nin seguro que poida cubrir os danos. A explotación gandeira, que leva apenas un mes aberta, despois de que o propietario da mesma –que exerceu a súa explotación como criadeiro avícola ata o pasado ano 2012– lla arrendara ao actual titular e denunciante para cría de tenreiros. 

Os danos denunciados limítanse ao destrozo parcial da verxa metálica exterior que protexe a explotación, recoñecendo non posuír nin sistema de vixilancia nin seguro que poida cubrir os danos.

cheirovillaza1Pancarta de protesta pendurada nunha das vivendas colindantes á granxa.

O titular de explotación, que non quixo revelar a súa identidade, afirmou en declaracións que "xa nos avisaran de que nos ían liar algo... e pasou". "Menos mal que quedou nun susto", concluíu. Así mesmo, e tras a inspección técnica realizada por persoal do Concello de Monterrei o pasado martes, os actuais titulares afirman posuír xa unha acta de inspección conforme todo está en regla "e non hai cheiros desagradables cara a rúa".

Os actuais titulares afirman posuír xa unha acta de inspección conforme todo está en regla "e non hai cheiros desagradables cara a rúa".

Pola súa banda, a veciñanza continúa a protestar pola situación, que cualifican como "insoportable" e esixen ás autoridades competentes o feche da explotación.

Denuncian un intento de roubo na polémica granxa de Vilaza