martes 23.07.2019
Díaz Mouteira lembrou que nos últimos catro anos Monterrei recibiu máis de 3,5 millóns de euros

A delegada territorial da Xunta reúnese co alcalde de Monterrei para analizar futuros proxectos

Ambos políticos reunidos | FOTO: XUNTA DE GALICIA.
Ambos políticos reunidos | FOTO: XUNTA DE GALICIA.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu onte no seu despacho ao alcalde de Monterrei, José Luís Suárez Martínez.

A reunión pasa pola iniciativa levada a cabo por Díaz Mouteira dende xuño, que está contactando cos alcaldes da provincia para facer balance da colaboración autonómica dos últimos catro anos e analizar a marcha dos proxectos que se están a desenvolver.

A delegada lembrou que nos últimos catro anos Monterrei recibiu do Goberno galego achegas de máis de 3,5 millóns de euros -Porqueira recibiu preto de 1,2 millón de euros en materia de subvencións; máis de 790.000 euros en convenios; e máis de 1,5 millón de euros pertencentes a outras actuacións-. 

Díaz Mouteira subliñou que estas axudas fixeron posible obras coma o acondicionamento dos accesos ao castelo de Monterrei, a mellora da praza e dunha rúa en Vilaza, a creación de 3 casas niño, distintas iniciativas relacionadas coa prevención e defensa contra os incendios forestais e a posta en marcha de varios obradoiros de emprego conxuntamente con outros concellos.

Ademáis, recalcou a importancia de continuar a colaboración institucional, brindándolle ao alcalde de Monterrei todo o apoio e diálogo da Administración autonómica para poder axilizar e desenvolver con éxito os proxectos do seu concello que "garantan o progreso e benestar da veciñanza".

A delegada territorial da Xunta reúnese co alcalde de Monterrei para analizar futuros...
comentarios