O lume iniciouse pouco despois das cinco da tarde

Declarado un incendio forestal en Monterrei (Ourense)

O incendio forestal que afecta á parroquia de Albarellos, Monterrei (Ourense). | FOTO: Recuperada.

As primeiras lapas rexistráronse cara as 16:57 horas desta tarde na parroquia de Albarellos, en Monterrei.

Segundo fontes de Medio Rural, un incendio forestal permanece activo na parroquia de Albarellos, en Monterrei. As primeiras lapas rexistráronse cara as 16:57 da tarde deste martes, 25 de agosto.

Os medios terrestres e aéreos atópanse colaborando nas tarefas de control do lume e descoñécese a superficie afectada polo momento.

Nas labores de extinción xa foron mobilizados: 2 axentes medioambientais, 6 brigadas, os bombeiros do Consorcio Provincial do Parque de Verín - Monterrei, 3 motobombas, 3 helicópteros -2 da BRIF de Laza e 1 de Vilamaior- e 2 avións.