sábado. 20.04.2024
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na presentación do proxecto de recuperación do camiño real. | FOTO: M. Ceballos.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez -segundo pola dereita-, na presentación do proxecto de recuperación do camiño real. | FOTO: M. Ceballos.

A Xunta de Galicia investirá preto de 650.000 euros na conservación e posta en valor do camiño real que dá acceso á fortaleza de Monterrei. Así o anunciou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nunha visita na que estivo acompañado polo alcalde, José Luis Suárez, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e na que explicou que o Goberno autonómico espera licitar estes traballos nas vindeiras semanas. Na visita estaban tamén o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Celso Fernández, e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua.

WhatsApp Image 2021-02-27 at 12.45.41O alcalde de Monterrei, José Luis Suárez -esquerda-, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

Será o definitivo proxecto de recuperación do camiño real, que deixará ao descuberto o traxecto que inicialmente se cubrira nun primeiro intento de mellora dos accesos ao castelo de Monterrei e que provocara varias mobilizacións veciñais convocadas pola Plataforma en Defensa do Castelo, que tentaba impedir que o trazado da vía de acceso á fortaleza quedara definitivamente soterrada. 

Segundo confirmou o rexedor de Monterrei, José Luis Suárez, pouco antes de cederlle a palabra ao conselleiro de Cultura, "hoxe é un día importante neste camiño que estamos facendo para recuperar a vila de Monterrei. Chegou o día dunha vella reclamación, a dos accesos ao castelo pero con servizos, con actuacións que respecten o noso patrimonio e que fagan deste entorno o verdadeiro elemento dinamizador non só do noso concello, senón tamén da comarca e de toda a provincia", sinalou Suárez Martínez. 

Estado actual do camiño real.Estado actual do camiño real, soterrado e que pronto volverá a ver a luz unha vez rematen os traballos. | FOTO: Xosé Lois Colmenero. 

O titular de Cultura avanzou que a intervención prevista neste contorno permitirá "incrementar e reforzar o interese patrimonial deste espazo medieval". Así mesmo, explicou que o obxectivo é mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo, así como incorporar redes de canalización e saneamento. “Galicia ten a sorte de contar cun rico patrimonio cultural, pero ademais de garantir a súa conservación, é fundamental que as administracións traballemos para que o noso legado continúe vivo e sexa unha fonte de orgullo e un recurso útil para todos os veciños”, salientou Román Rodríguez. 

A actuación prevista pola Consellería de Cultura vén determinada polo deterioro e afondamento das lousas e o mal estado de conservación desta rúa que dá acceso á fortaleza e que presenta lousados deteriorados e inestables con afondamentos e afloramentos de rocha que non facilitan nin o seu acceso peonil nin rodado. Sen embargo, o condicionante máis destacado desta restauración está xerado pola necesidade de incorporar na intervención os servizos urbanísticos de canalización e saneamento.

Deste xeito, a programación da intervención contempla a mellora da accesibilidade peonil e rodada ademais da implantación de redes de subministros, polo que vai máis alá dunha restauración física e material para garantir a conservación, autenticidade e integridade do camiño real.

Cultura investirá máis de 600.000 euros na definitiva recuperación do camiño real do...