Venres. 29.03.2024
Monterrei-coronavirus-casa do Concello
Casa do Concello de Monterrei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar manter o  nivel máximo de restricións para os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.

O Concello que preside o popular José Luis Suárez manterase nas mesmas condicións que ata o de agora ata a vindeira reunión do comité clínico. Sorprende que os integrantes do comité clínico non muden de nivel a este último e, pola contra, concellos veciños coma o de Cualedro -que está a experimentar un gromo similar ao de Monterrei, moi localizado nunha familia, co lle ocorreu ao primeiro- permaneza no nivel baixo de restricións. 

Así, os bares de Monterrei seguirá pechados no interior, atentendo só nas terrazas ao 50 por cento ata as 21:00 horas. 

 

CORONAVIRUS VERÍN | Monterrei seguirá cos bares pechados no interior