domingo 09/08/20

Controlado outro incendio en Guimarei, Monterrei

Trátase da terceira vez que as lapas alcanzan a parroquia de Infesta nos últimos 5 días

Un dos helicópteros desprazados nas labores de extinción do lume en Guimarei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
Un dos helicópteros desprazados nas labores de extinción do lume en Guimarei. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

O lume estivo activo, aproximadamente, dende as 13:10 deste mediodía. É o segundo en Guimarei, o terceiro que afecta á parroquia de Infesta no que vai de semana.Polo momento, descoñécese a estimación de superficie afectada, que non supera as 20 hectáreas. 

O fume obrigou a cortar a estrada OU-1018 que enlaza coa N-525 á altura de Cualedro, segundo informa @Incendios085. Coas lapas xa controladas, a vía recupera o seu normal funcionamento e permítese a circulación. 

Nas labores de extinción, desprazáronse ata o lugar dúas brigadas, un axente, dous helicópteros e un avión, segundo informa Emerxencias Ourense na súa conta Twitter. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén recorda que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. 

Controlado outro incendio en Guimarei, Monterrei