sábado. 20.04.2024
A primeira xornada de vendima do 2020 na D.O. Monterrei, na adega Pazo das Tapias.
A primeira xornada de vendima na D.O. Monterrei que se realizou hoxe, 27 de agosto, na adega Pazo das Tapias. | FOTO: Cedida.

A Denominación de Orixe Monterrei concluíu a vendima 2020, alcanzando novamente unha colleita histórica, con 5.717.465,3 quilogramos de uva rexistrados. A campaña de vendima 2020 rematou con excelentes resultados, logrando por terceiro ano consecutivo un máximo histórico, superando a campaña do 2019, ata o de agora a máis exitosa. "As condicións climáticas durante a campaña foron excelentes, con escaseza de precipitacións e elevadas temperaturas, o que adiantou o inicio da colleita ao mes de agosto. Isto permitiu a recolección gradual das variedades segundo o seu punto óptimo de maduración. Doutra banda, o estado fitosanitario da uva foi excelente", indica Da Silva.

A campaña de vendima iniciouse o 27 de agosto, coa adega Pazo das Tapias e finalizou o 30 de septiembe, sendo as adegas Franco Basalo e Triay as últimas en pechar o período de recolección de uva. A presidenta tamén quixo destacar que "nos atopamos ante un vendima atípica, que finalizamos por sorte sen incidencias. Desde o inicio da pandemia, para este Consello Regulador a atención, servizo e seguridade do noso persoal, así como dos nosos asociados, foi e é fundamental. Pero prevención e seguridade non está rifado con traballo duro e agora pronto empezaremos outra etapa que se centrará na promoción da nova anada, en busca precisamente de favorecer novas oportunidades de venda aos nosos asociados, que souberon manter a Monterrei en tempos difíciles. O meu maior agradecemento hoxe máis que nunca a todos eles polo seu labor e o risco que asumen para conseguir un rural activo", conclúe a presidenta.

Conclúe a mellor anada de toda a historia da Denominación de Orixe Monterrei: 5,7...